Blogging tips

domingo, 26 de mayo de 2013

jueves, 23 de mayo de 2013

miércoles, 22 de mayo de 2013

COSTUREIRO REMATADO E MODIFICADO


Rematei o pequeno costureiro de patch pero, non me quedou igual que o do modelo que confeccionan na revista....
  • cortei os cadriños da medida que mandaban, e funos unindo á man

  • cando os tiña unidos , decateime que non cadraban coa medida da boatina que traía o kit
  • comprei boatina e tamén tiven que comprar tela de liño para o interior porque tamén resultaba estreita. Tivo que ser doutra cor pero así quedou o fondo do interior máis claro.
  •  E, mirando outros modelos de costureiro de viaxe na rede, fun cambiando a disposición do interior


  • puxen un cordón para suxeitar as tesoiras, un botón para ter man do cordel no que se poñen os fíos

  • fíxenlle un bolsiño para gardar os ganchos ( o croché é o que máis me gusta do mundo mundial das labores) pechado cun corchete automático. 

  • un día de insomnio, bordeille a punto de cadeneta, alla prima, a frase O costureiro (por se alguén non sabe o que é) e a data (para lembrar o afanada que andiven dúas semanas facendoo). Vai algo torto pero non quixen desfacelo...
  • paseille unhas puntadiñas con fío vermello arredor de cada bolsiño e no borde
  • comprei cola de ratón verde para poñer os fíos porque me gustaba máis que o vermello do kit
  • e, para pechalo, no canto de poñerlle cintas como no modelo, puxen un botón xigante.

Estou SUPERCONTENTA co meu costureiriño.

lunes, 20 de mayo de 2013

CASIÑAS PARA PAXAROS

Os paxaros andan necesitados de refuxios para facer os seus niños. Na rede atopei unhas cantas ideas para facerllas:


viernes, 17 de mayo de 2013

VOU FACER UN COSTUREIRO DE PATCHWORK

Na revista Labores del Hogar regalan o kit para facer un costureiro de patchwork, con todas as telas e un pequeno titorial en papel. ( O resultado nestoutra entrada)






Para orientarme un pouco, localicei estes na rede :
tutorial 1

tutorial 2

E unha explicación do xeito de unir as pequenas pezas de patch: Técnica básica de cosido á man


Outros modelos: