Blogging tips

jueves, 28 de febrero de 2013

SAQUIÑO AMOROSO PARA BEBÉ

A miña prima Mónica vai ser mamá e quixen facerlle un saquiño para cando naza o neno. A idea saqueina deste enlace

Atopei unha lá moi parecida á do modelo, quizais un pouco máis brillante.

A foto está algo saturada de azul e non se aprecian os trazos amarelos e verdes que ten o saco.(Cando teña unha foto mellor sustituireina).

A ver estoutra:

 Fíxeno en punto baixo,  con 6 puntos iniciais nun círculo máxico, na primeira volta incrementei 2 en cada punto (12), logo incrementei cada dous puntos (18), despois os incrementos eran cada 3, 4, 5, .... ata que cheguei a ter un ancho de 20 cm. A partires dese momento fun facendo todas as voltas sen incrementar e ata chegar a 52 cm.

O gorro máis ou menos igual. Como me parecía algo puntiagudo ateille a punta para que semelle un ponpón.

Veremos como lle queda ao rapaciño.

Máis fotos se picades no enlace.

viernes, 22 de febrero de 2013

VESTINDO UN TARRO DE CRISTAL CON CORDEL E FÍO FUCSIA

Hai algo máis dunha semana, retomando a idea da cesta con corda, forrei un tarro de vidro.  Teño unhas fotos algo malucas....

Os materiais foron un rolo de cordel de pita e fío de algodón fucsia do número 3 e un gancho do nº 3 ou 3 e medio.



Fixen esta foto cando levaba 1/3 :


Agora cando o finalicei:


A idea collina dunha cestiña doutra entrada anterior.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Bambas para o bebé de Moni

Aquí unha idea para zapatiños para o neno de Moni e Sergio. Pode que teña que cambiar de cor pero, polo demais chulísimas:


lunes, 18 de febrero de 2013

O CESTO DE MARÍA

Mirade que cesto tan chulo fixo María o sábado pasado:

Noraboa, María, vese ben que tes moito gusto para os acabados porque lle diches un toque precioso con esas flores e o borde. Ás 5 da tarde do sábado non había máis que un rolo de t-shirt yarn e, ás 8 esta marabilla!!!

Para facela, miramos este modelo e aquí explican o xeito de facela. Seguramente, nunhos días tamén teremos fotos dos cestiños de Joy e Montse e do salvamanteis de Tere.


lunes, 4 de febrero de 2013

CADRIÑOS GRANNY CON CORAZÓN

Non sería chulo facer unha colcha granny toda de cadros con corazóns para regalar, por exemplo, no San Valentín. As explicacións, no idioma de Shakespeare, pero como teñen moitísimas fotos, penso que serán doados de facer. Para este ano xa sería difícil chegar a tempo así que para o día dos namorados do ano que ven. Decidido!!


BUFANDAS DE ANIMAIS

Albricias, xa non temos que matar nengún animaliño para poder levalo no colo. Unhas ideas fermosas feitas a croché as que presentan nesta páxina . Non é riquiño este león?