Blogging tips

miércoles, 14 de febrero de 2018

viernes, 10 de noviembre de 2017

Poncho

A idea, inicialmente, era facer algo similar a isto:

Pero, atopei estoutra posibilidade con punto marexada, que tamén me encanta:



Algo de axuda para empezar:



Para rematar, neste vídeo explican como unir o punto bobo

E...velaquí as primeiros fotos do meu colo\poncho rematado!!



MANDIL CRUZADO DE PIPPI



O luns pasado estiven no Faladoiro en Sober e pensei unirme a actividade que están cosendo últimamente, un mandil. Cavilei que había un modelo que me gustaba  que é sen atar, con dous tirantes cruzados, vaia, o da serie aquela sueca "Pippi  Langstrumpf"


Versión "sobria":

 Versión anos 50:








Versión oeste americano:







Atopei dous posibles xeitos de facelo:


2ª) http://www.diariodenaii.com/2013/07/tu-patron-pinafore.html



A ver que tal me queda!



martes, 7 de noviembre de 2017

Algunhas cousiñas que estiven facendo...







Drops Spring Lane: a miña versión rematada ó fin!

Hai meses que comecei este CAL e fun facendo as etapas máis ou menos ó tempo que as ían publicando, pero cando chegou a última, pareceume que a sobrecama quedaba algo pequecha, así que engadín dúas fileiras de cadriños ós lados e fixen unha ourela máis larga e velaquí como quedou  :



Rescato eiquí dúas palabriñas que recordo escoitarlle ós meus avós: ourela ( Nena, vai pola ourela do camiño, que hai moito bulleiro!) e sobrecama ( Compreiche en Sober esta sobrecama para poñela os días de festa )

miércoles, 7 de septiembre de 2016

PONCHO PARA O INVERNO

Este é o meu próximo proxecto, tamén con materiais de Drops, dun dos catálogos de patróns para o inverno 2016-2017. Xa teño a lá necesaria e as agullas. A lá compreina en amalalana.es e as agullas circulares en Senshoku. A lá ten un tacto e un aspecto marabilloso!!!




Como non teño moita experiencia no tema da calceta, aparte el patrón da web Drops, precisei axuda de vídeos e manuais on line. Por exemplo, de Soywolly.

domingo, 31 de julio de 2016

CHAL DE PRIMAVEIRA

A primavera xa rematou, pero estes días decidín por fin comezar a crochetear 2 chales que xa hai uns anos lle gustaron á mina primiña favorita, e ando neso. Velaquí unhas fotiños

* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es


Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:



Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.


Notas:
  • Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo  a traballar algo frouxo. 
  • Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón, 




viernes, 29 de julio de 2016

ALFOMBRA DE TRAPILLO

Estou a facer unha nova alfombra para o meu baño, baseándome neste patrón de Susimiu

A miña leva outras cores e engadinlle unhas voltas extra para que fose un pouquiño maior.





jueves, 14 de abril de 2016

O COBERTOR DE ANXO


Este cobertor ó que eu lle chamei ONDAS DO MAR, fíxenllo para meu fillo Anxo, que pronto vai marchar estudiar fóra da casa e non queremos que pase frío.



Para facela, baseeime nas indicacións de Attic24. Foi moi doada de facer, pero levoume bastante tempo porque a fixen tamaño xigante.


Xa é a segunda que fago usando este modelo ( a outra ).  Mudei as cores e os grosores e non lle puxen pompóns!





jueves, 5 de febrero de 2015

martes, 12 de agosto de 2014

CESTO EN DÚAS CORES



























 Hoxe pola tarde rematei este cesto que fixen baseándome neste vídeo . Eu fíxeno máis grande, con sete voltas na base e logo fun facendo un punto "diferente" para darlle outro aire. Nada complicado, punto sí e punto non, no canto de picares no oco correspondente facíao no oco da volta anterior de xeito que o punto queda máis longo. Cando cambiei de cor, saltaba dúas voltas máis abaixo.

Tamén hai un tutorial con fotos ( e texto en xaponés ) neste enlace

domingo, 22 de junio de 2014

O BOLSO PARA BELÉN





 

Este bolso ( cando o teña rematado de todo ) vai ir cara Vigo a ver se pilla algo na praia coa miña prima Belén. Gustaralle ? (^_^)





viernes, 23 de mayo de 2014

LUIS DAVILA

Hai unhas semanas puiden asistir a un espectáculo no que Luis Davila participaba debuxando en directo e paseino tan ben que me veu á memoria esta tira cómica que fai referencia á paixón (ás veces esaxerada) que algunhas persoas sentimos polo croché, o punto ou calquera outra das labores de man