Blogging tips

martes, 12 de agosto de 2014

CESTO EN DÚAS CORES



























 Hoxe pola tarde rematei este cesto que fixen baseándome neste vídeo . Eu fíxeno máis grande, con sete voltas na base e logo fun facendo un punto "diferente" para darlle outro aire. Nada complicado, punto sí e punto non, no canto de picares no oco correspondente facíao no oco da volta anterior de xeito que o punto queda máis longo. Cando cambiei de cor, saltaba dúas voltas máis abaixo.

Tamén hai un tutorial con fotos ( e texto en xaponés ) neste enlace

domingo, 22 de junio de 2014

O BOLSO PARA BELÉN





 

Este bolso ( cando o teña rematado de todo ) vai ir cara Vigo a ver se pilla algo na praia coa miña prima Belén. Gustaralle ? (^_^)





viernes, 23 de mayo de 2014

LUIS DAVILA

Hai unhas semanas puiden asistir a un espectáculo no que Luis Davila participaba debuxando en directo e paseino tan ben que me veu á memoria esta tira cómica que fai referencia á paixón (ás veces esaxerada) que algunhas persoas sentimos polo croché, o punto ou calquera outra das labores de man


miércoles, 30 de abril de 2014

CESTA COLGANTE

 Estas son as fotos da miña bolsa para gardar os fulares. Empreguei varios restos que tiña para facerlle unhas listas de cores e por primeira vez fixen ese punto no que vas picar na volta de abaixo para que quede un pico cara baixo (en azul mariño).  Estou pensando en cambiarlle un pouco a asa, que eu fixen diferente ao modelo que me serviu de inspiración e parece máis fráxil, ou en facer outro cestiño distinto...




 



Atopeina aquí e neste sitio en inglés:

sábado, 26 de abril de 2014

BALEIRAPETOS

En dúas horas fixen un círculo de crochet, dun palmo de diámetro e, logo fixen dúas voltas a punto baixo sen aumentar puntos co que quedou un remate doblado cara adentro. Rematei cunha lazada e dous adornos metálicos. Estas fotos non son moi boas porque o meu móbil non ten unha cámara moi boa...





lunes, 14 de abril de 2014

SEGUNDO BOLSO DE BOQUILLA



Aquí teño os materiais:
  • unha boquilla metálica
  • unha tela para o forro interior de bufos de cores
  • guata grosa
  • un pedazo de tela duns vaqueiros vellos
  • cinta zigzag branca
  • cola branca para tela
 

Coa axuda desta entrada fíxenlle unhas pinzas ao meu bolso

Nestoutra investiguei o xeito de coser a boquilla

Tamén podo intentar facer o monedeiro, ou o portacascos, ou este set de bolso

Estas son algunhas fotos da realización do superbolso de vaqueiros vellos con forro interior de mouchos:



















miércoles, 19 de febrero de 2014

ALFOMBRAS DE TRAPILLO PARA O CUARTO DE BAÑO


Esta alfombra cadrada fíxena moi rapidiño co esquema do típico cadro granny. Como o fío cor fucsia era máis delgadiño fixen tres varetas en cada oco e, cando pasei ao azul ceo, puxen só dúas varetas para que gardaran a mesma proporción. Rematei todo o arredor co punto de cangrexo.


Estoutra redondiña xa é algo vella. Pasou pola lavadora polo menos catro ou cinco veces e xa se ve algo avellentada. Para o borde fíxenlle unhas ondiñas.




jueves, 16 de enero de 2014

OUTRA DE RECICLADO

As ideas que atopei aquí para reciclar recipientes plásticos poñéndolle unhas asiñas de crochet son estupendas. Mirade qué idea para gardar xoguetes ou chícharos ou o que se nos pase pola cabeza! Para facer os buratos cómpre un sacabocados ou unha taladradora



viernes, 10 de enero de 2014

AQUELA COLCHA GRANNY

Hai dous anos comezei unha colcha granny coas cores que pensaba que lle ían ben ao meu sofá e púxenme a facer cadriños e cadriños, pero non sei que pasa que me cansei deseguida e agora retomeina no Nadal e avancei un pouco para volvela deixar sen rematar de todo. Fíxenlle unhas fotos co móbil que vou poñer a pesares de que non reproducen moi ben as cores. Son estas:







miércoles, 8 de enero de 2014

BUFANDA PIANO

Hoxe mesmo vou comezar a facer unha bufanda piano para Anxo, que é o pianista da casa. Comprei catro novelos de lá acrílica.
Teño localizados un blogue e un vídeo que penso que me van resultar de utilidade para a tarefa. O blog ten un tutorial sobre a realización

http://mislaboresytrabajos.blogspot.com.es/2010/02/hacemos-una-bufanda-piano.html
e o vídeo explica o xeito de facer cambios de cores sen que se note moito :