Blogging tips

viernes, 18 de enero de 2013

CORTAR UNHA CAMISETA PARA FACER TRAPILLO


Neste enlace atopei o xeito de cortar unha camiseta vella sen costuras para facer uns metros de trapillo e convertelos por arte de croché, nun cesto, un bolso ou unha alfombra.



domingo, 13 de enero de 2013

AGORA EN INGLÉS!

Atopei, nalgunhas webs en inglés, algunhas ideas para alfombras con trapillo/totora ou con telas recicladas.

Esta é diferente doutras porque lle engadiron o detalle da aplicación da flor e da bolboreta. Picando na foto vades á entrada e alí, en inglés, claro explicannos cómo facer alfombras reutilizando telas.


Outra diferente, que venden por máis de 200 dólares!!!

Aquí un tutorial para facer unha alfombra de trapo trenzada ( sen crochet):
Outra con deseño doily que se ve bastante ben anque non teñamos patrón:

miércoles, 9 de enero de 2013

CESTIÑOS e BOLSOS

Non quero perder o enlace a esta idea para unha cestiña con croché e corda:

Parece doada de facer. Tentareino pronto.


Collín unha  idea para facer a miña primeira cesta de totora.Como teño a cámara estragada, non podo poñer fotos pero paseino ben facéndoa e quedou chuliña. Cando poida poño o resultado.


Esta con forma cadrada tampouco está mal:





Tamén parecen doados de facer estes bolsos:



E outra cesta, sen usar o gancho, cosendo o trapillo, cun fío a contraste:

Vou engadir estoutro, finalmente, que parece muy faciliño e que me lembra aqueles de esparto ou de palla que se utilizaban anos atrás: