Blogging tips

miércoles, 7 de septiembre de 2016

PONCHO PARA O INVERNO

Este é o meu próximo proxecto, tamén con materiais de Drops, dun dos catálogos de patróns para o inverno 2016-2017. Xa teño a lá necesaria e as agullas. A lá compreina en amalalana.es e as agullas circulares en Senshoku. A lá ten un tacto e un aspecto marabilloso!!!




Como non teño moita experiencia no tema da calceta, aparte el patrón da web Drops, precisei axuda de vídeos e manuais on line. Por exemplo, de Soywolly.

domingo, 31 de julio de 2016

CHAL DE PRIMAVEIRA

A primavera xa rematou, pero estes días decidín por fin comezar a crochetear 2 chales que xa hai uns anos lle gustaron á mina primiña favorita, e ando neso. Velaquí unhas fotiños

* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es


Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:



Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.


Notas:
  • Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo  a traballar algo frouxo. 
  • Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón, 




viernes, 29 de julio de 2016

ALFOMBRA DE TRAPILLO

Estou a facer unha nova alfombra para o meu baño, baseándome neste patrón de Susimiu

A miña leva outras cores e engadinlle unhas voltas extra para que fose un pouquiño maior.





jueves, 14 de abril de 2016

O COBERTOR DE ANXO


Este cobertor ó que eu lle chamei ONDAS DO MAR, fíxenllo para meu fillo Anxo, que pronto vai marchar estudiar fóra da casa e non queremos que pase frío.



Para facela, baseeime nas indicacións de Attic24. Foi moi doada de facer, pero levoume bastante tempo porque a fixen tamaño xigante.


Xa é a segunda que fago usando este modelo ( a outra ).  Mudei as cores e os grosores e non lle puxen pompóns!