Blogging tips

domingo, 31 de julio de 2016

CHAL DE PRIMAVEIRA

A primavera xa rematou, pero estes días decidín por fin comezar a crochetear 2 chales que xa hai uns anos lle gustaron á mina primiña favorita, e ando neso. Velaquí unhas fotiños

* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es


Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:



Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.


Notas:
  • Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo  a traballar algo frouxo. 
  • Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón, 




viernes, 29 de julio de 2016

ALFOMBRA DE TRAPILLO

Estou a facer unha nova alfombra para o meu baño, baseándome neste patrón de Susimiu

A miña leva outras cores e engadinlle unhas voltas extra para que fose un pouquiño maior.