Blogging tips

domingo, 16 de junio de 2013

COLCHA DE HEXÁGONOS

Teño outro proxecto pensado que é con hexágonos con flor africana.

Deille voltas e voltas e elexín catro cores que quedaban ben co edredón novo. Poñerei unha foto do resultado.... cando remate.



 Aquí os enlaces de onde tirei as ideas e o xeito...

Titorial para as flores

Videotitorial 

Ollo, que a parte inicial, o centro da flor non é igualiño nas dúas explicacións e os pétalos ás veces son de 7 puntos altos e outras de 8.

Tamén hai diferentes xeitos de unir os hexágonos. Eu, para a miña sobrecama optei polo tipo de unión que explican aquí. Estoutras son distintas versións...

Titorial 1 para unir os hexágonos

Titorial 2 para unir hexágonos




E cando toque facer a beira? Como a farei? Velaquí dúas variantes:


miércoles, 5 de junio de 2013

COLGANTE CON Nó MARIÑEIRO

En Craft tuts mandaronme un enlace para facer un precioso colgante cun cordel utilizando un nó mariñeiro. Picando na foto, ides a un titorial en inglés pero con tantas fotos que penso que será ben doado de facer. Unha xoia económica para o verán!