Blogging tips

viernes, 29 de marzo de 2013

COMPLEMENTOS DE FELTRO

Un diadema adornada con tres hortensias:


Outro modelo con forma de papoula:

Un patrón en pdf  
e, picando na seguinte imaxe, podemos ver como facer os 5 modelos

E, finalmente, esta rosa tan chula da que non atopo o patrón, pero seguirei na procura del...

Así podería quedar aplicada nun coxín para o salón:

Estas parecen camelias....


martes, 26 de marzo de 2013

CHAQUETAs

Xa sei que xa imos máis ben para o bó tempo pero, como atopei estes modelos, penso que me vou animar. E que estou a piques de rematar a miña colcha de ondas e pompóms e tiña que buscar algún proxecto interesante...


As instruccións (picando na foto) están en ruso, con ese alfabeto cirílico que non se entende nadiña pero, coas fotos e ao mellor coa axuda dunha amiga ucraniana que fala ruso, malo será que non dea feito a chaquetiña... Xa vos contarei cómo queda! (Aquí enlazo a tradución que me fixo)

Tamén me gustou estoutra. Ímos cambiar un pouco as cores e poñernos con ela. Picando na foto veredes as explicacións.



domingo, 24 de marzo de 2013

AGARRADORES CIRCULARES

Veño de comprar unha estupenda sartén nova. Ten que ser estupenda porque costoume unha morea de euros. Así que, para protexela, voulle facer un círculo a crochet do seu diámetro e este modelo gústame bastante ...


martes, 19 de marzo de 2013

GATO


Este gato tan chulo atopámolo Alba e eu en The Crafted Sparrow e é o próximo que imos facer en tela. Trae o patrón e explica máis ou menos a confección. A autora fixoo como regalo para unha nena e engadiulle un colar para que fose un pouco máis adornado.

jueves, 14 de marzo de 2013

GORROS PARA BEBÉ

Como ando toda emocionada co próximo nacemento do fillo de Mónica e Sergio, todo o tempo me tentan as labores de cousiñas para meniños.

Por exemplo, estes gorriños tan chulos.

  • de pitiño:


  • con orellas:

martes, 12 de marzo de 2013

BROCHE DE FELTRO

Onte atopei unhas lamas de feltro que comprei o mes pasado para facer un adorno para unha camiseta, que non cheguei a facer pero,  vou utilizalo para facer un broche que vin e que parece doado.....


Tamén atopei un videotutorial no que explican o xeito de facer outro moi semellante:



Aquí hai outro máis:

E un enlace a outro no que podemos imprimir o patrón:


E neste enlace outras ideas con feltro e neste os pasos para facer un trevo

NOVAS ALFOMBRAS DE TOTORA

Estes días ando a procurar novas ideas para unha alfombra que lle quero facer a Mary, unha moi boa amiga de miña nai.

Estaba case decidida a facerlla rectangular, coma unha que fixen hai tempo, con dous cadros unidos e un borde ancho a punto baixo. Pero....

Vou probar con estoutro deseño, un gran corazón, que quedará ben chulo na cociña ou no baño, ou no trasteiro, ou ....



Pero, tamén estou atopando ideas máis innovadoras, coma esta:


jueves, 7 de marzo de 2013

CESTOS E SALVAMANTEIS DE TRAPILLO

Veño de recibir as fotos das obras de arte das amigas de Rianxo coas que pasei unha estupenda tarde de labores e charla. Eu levei algunhas alfombras, un cestiño e un froiteiro que fixera nas semanas anteriores e, case todas se decantaron polos cestiños.

Este foi o que fixo María, a máis experta, que o rematou aquela mesma fin de semana:



Pola súa banda, Joy realizou este tan xeitoso:


 Congratulations, Joy! Good job!


E, Tere, fixo un salvamanteis nunha cor a tono co seu comedor:
Agora fáltame o cestiño rechamante de Montse ( dígovos que é moi rechamante pero seguro que ben lucido), que parece que anda algo "atascada" co remate.

É ben bonito ver como cadaquén lle da o seu toque persoal a unha mesma idea inicial.
Nestoutra entrada está o enlace onde se explicaba o xeito de elaborar os cestiños.