Blogging tips

domingo, 10 de noviembre de 2013

COLCHA GRANNY, rematada

Pois sí, a semana pasada xa rematei a colcha que lle fixen a Alba para a cama que ten na residencia universitaria. Velaquí como a comezara (enlace a entrada anterior).
 Velaquí unha esquiniña:






Tamén lle fixen unha funda para coxín coas mesmas lás



:










miércoles, 6 de noviembre de 2013

BOLSIÑO DE NOITE

Este bolsiño non parece moi complicado de facer. Véndeno en eBay por máis de 20 libras. Xa ando buscando unha tela e o fío para empezalo! A boca metálica compreina nun bazar chinés...

jueves, 24 de octubre de 2013

MISTURA DE LÁS


Con esta idea, penso facerlle unha alfombra a Alba, a conxunto coa colcha granny. O resultado, alá para o mes que ven....

martes, 22 de octubre de 2013

MANTIÑA PARA EMMA

Este é un proxecto que ten como prazo de realización o 20 de decembro, xa que é cando a neniña virá a España a visitar á familia. Se atopo unha lá axeitada voume poñer rapidiño ao traballo.

Velaquí as fotos e máís abaixo as explicacións ( en francés, esta vez)







lunes, 21 de octubre de 2013

COLCHA GRANNY, o principio

Esta vai ser unha colcha para Alba. O punto granny é tan doado de facer que son quen de ver a tele mentras crocheteo.... 



Videotutorial explitativo do cadro granny

Cada 3 varetas facemos unha cadeneta de separación, agás nas esquinas, onde faremos dúas. Eu vou ir facendo ringleiras de cores máis anchas ou menos pero, como teño máis lá do azul máis oscuro, vou ir facendo as bandas desta cor cada vez máis anchas. Cando a remate poñerei a foto!

sábado, 28 de septiembre de 2013

FORRAR UNHA PANTALLA DE LÁMPARA PARA REPARALA

Hai uns días rompeu un pouco a pantalla da lámpara do meu cuarto. Estou pensando en reparala poñéndolle unha tela nova para forrala. Vou mirar este video que nos mostra o xeito de facelo:


viernes, 13 de septiembre de 2013

BOLSO DE TRAPILLO

Este bolso funo facendo ás poucas na miña casa da aldea, cando despois de comer, eu evitaba durmir pelexando co gancho e tentando facer unha cesta.
Cando vin que quedaba sen trapillo de cor café con leite, seguín con outro da mesma textura. Estiven vendo varias posibilidades para poñerlle asas e, por casualidade atopei unhas no bazar chino.
Aquí xa llas tiña postas:
Finalmente, para tapar a liña onde comezaba as voltas novas, argallei unha flor.
Estou moi contenta do resultado.

lunes, 19 de agosto de 2013

MOUCHO

Este tempo de verán non traballo moito na miña paixón polo croché pero, como unha das colchas que estou a preparar é usando o patrón da flor africana, non puden evitar subir este mouchiño-coxín. Non é chulo? Ou será que xa estou medio durmida coma él ?



sábado, 10 de agosto de 2013

FELPUDO

Atopei esta labor no blogue dunha rapaza chamada Helena:

Estou pensando en facelo cambiando sobre todo ese borde blanco porque non duraría 2 minutos limpo no chan da miña casa!

jueves, 11 de julio de 2013

domingo, 16 de junio de 2013

COLCHA DE HEXÁGONOS

Teño outro proxecto pensado que é con hexágonos con flor africana.

Deille voltas e voltas e elexín catro cores que quedaban ben co edredón novo. Poñerei unha foto do resultado.... cando remate.



 Aquí os enlaces de onde tirei as ideas e o xeito...

Titorial para as flores

Videotitorial 

Ollo, que a parte inicial, o centro da flor non é igualiño nas dúas explicacións e os pétalos ás veces son de 7 puntos altos e outras de 8.

Tamén hai diferentes xeitos de unir os hexágonos. Eu, para a miña sobrecama optei polo tipo de unión que explican aquí. Estoutras son distintas versións...

Titorial 1 para unir os hexágonos

Titorial 2 para unir hexágonos




E cando toque facer a beira? Como a farei? Velaquí dúas variantes: