* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es
Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:
Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.
Notas:
- Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo a traballar algo frouxo.
- Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón,
No hay comentarios:
Publicar un comentario