eu fago labores
sábado, 8 de junio de 2024
Bolso de croché con forro
Despois dunha morea de tempo sen escribir nada nesta bitácora que me axudou a pasar moi bós momentos, hoxe conto a historia do saco que estou a armar para o verán. Mirando dous modelos diferentes de Pinterest, fixen unha mestura que me gusta bastante:
domingo, 27 de enero de 2019
martes, 29 de mayo de 2018
miércoles, 14 de febrero de 2018
WOMAN'S CURVY CROCHET COWL PULLOVER
Este vai ser o meu novo proxecto, que vou facer con lá Drops Eskimo na cor 09 Borgoña claro que vou comprar en Amalalana : https://www.amalalana.es
jueves, 4 de enero de 2018
Calcetíns con Drops Eskimo
Hoxe pola mañá decidín non procrastinar máis e comezar da costa meus primeiros calcetíns. Este é o modelo que elixín:
https://goo.gl/images/fR7n54
domingo, 26 de noviembre de 2017
lunes, 20 de noviembre de 2017
jueves, 16 de noviembre de 2017
viernes, 10 de noviembre de 2017
Poncho
A idea, inicialmente, era facer algo similar a isto:
Algo de axuda para empezar:
Para rematar, neste vídeo explican como unir o punto bobo
E...velaquí as primeiros fotos do meu colo\poncho rematado!!
Pero, atopei estoutra posibilidade con punto marexada, que tamén me encanta:
Algo de axuda para empezar:
Para rematar, neste vídeo explican como unir o punto bobo
E...velaquí as primeiros fotos do meu colo\poncho rematado!!
MANDIL CRUZADO DE PIPPI
O luns pasado estiven no Faladoiro en Sober e pensei unirme a actividade que están cosendo últimamente, un mandil. Cavilei que había un modelo que me gustaba que é sen atar, con dous tirantes cruzados, vaia, o da serie aquela sueca "Pippi Langstrumpf"
Versión "sobria":
Versión oeste americano:
Atopei dous posibles xeitos de facelo:
A ver que tal me queda!
martes, 7 de noviembre de 2017
BOLSIÑO DE VERAO EN 30 MINUTOS
Ola,
Onte pola mañá andaba eu a comprobar os últimos traballos das miñas diyers favoritas e decidín intentar o novo proxecto de Mimodemami. Pola tarde fun ó bazar chinés e reunín todo o necesario:
- Dous salvamanteis
- Unha tira de esparto
- Corda en dous grosores
- Unhas tesoiras
- Unha agulla grosa de repasar
- Un botón
Eu non utilicei a pistola de barras de pegamento porque cambiei un pouco o proxecto orixinal.
Drops Spring Lane: a miña versión rematada ó fin!
Hai meses que comecei este CAL e fun facendo as etapas máis ou menos ó tempo que as ían publicando, pero cando chegou a última, pareceume que a sobrecama quedaba algo pequecha, así que engadín dúas fileiras de cadriños ós lados e fixen unha ourela máis larga e velaquí como quedou :
Rescato eiquí dúas palabriñas que recordo escoitarlle ós meus avós: ourela ( Nena, vai pola ourela do camiño, que hai moito bulleiro!) e sobrecama ( Compreiche en Sober esta sobrecama para poñela os días de festa )
jueves, 6 de julio de 2017
lunes, 16 de enero de 2017
miércoles, 7 de septiembre de 2016
PONCHO PARA O INVERNO
Este é o meu próximo proxecto, tamén con materiais de Drops, dun dos catálogos de patróns para o inverno 2016-2017. Xa teño a lá necesaria e as agullas. A lá compreina en amalalana.es e as agullas circulares en Senshoku. A lá ten un tacto e un aspecto marabilloso!!!

Como non teño moita experiencia no tema da calceta, aparte el patrón da web Drops, precisei axuda de vídeos e manuais on line. Por exemplo, de Soywolly.
domingo, 31 de julio de 2016
CHAL DE PRIMAVEIRA
A primavera xa rematou, pero estes días decidín por fin comezar a crochetear 2 chales que xa hai uns anos lle gustaron á mina primiña favorita, e ando neso. Velaquí unhas fotiños
* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es
* OS MATERIAIS: Algodón Drops Paris, do fabricante Drops Design que comprei en amalalana.es
Seguín o patrón en español e, coa axuda dos vídeos que proporcionan na web, este é o resultado:
Gustoume moito este material e non me pareceu moi complexo de realizar. O que menos me gustou ( pero pásame con tódalas labores que fago ) foi agochar os fíos e os nós polo revés. Para isto resultoume moi útil un dos vídeos que xuntan ao patrón.
Notas:
- Eu tiven q usar un gancho do 3'5 para que me quedara do tamaño axeitado, porque parece q ue tendo a traballar algo frouxo.
- Teríame chegado cun novelo menos (dos que indican no patrón ) das cores verde menta e melocotón,
viernes, 29 de julio de 2016
ALFOMBRA DE TRAPILLO
Estou a facer unha nova alfombra para o meu baño, baseándome neste patrón de Susimiu
A miña leva outras cores e engadinlle unhas voltas extra para que fose un pouquiño maior.

viernes, 8 de julio de 2016
jueves, 14 de abril de 2016
O COBERTOR DE ANXO
Para facela, baseeime nas indicacións de Attic24. Foi moi doada de facer, pero levoume bastante tempo porque a fixen tamaño xigante.
Xa é a segunda que fago usando este modelo ( a outra ). Mudei as cores e os grosores e non lle puxen pompóns!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)