miércoles, 22 de mayo de 2013

COSTUREIRO REMATADO E MODIFICADO


Rematei o pequeno costureiro de patch pero, non me quedou igual que o do modelo que confeccionan na revista....
  • cortei os cadriños da medida que mandaban, e funos unindo á man

  • cando os tiña unidos , decateime que non cadraban coa medida da boatina que traía o kit
  • comprei boatina e tamén tiven que comprar tela de liño para o interior porque tamén resultaba estreita. Tivo que ser doutra cor pero así quedou o fondo do interior máis claro.
  •  E, mirando outros modelos de costureiro de viaxe na rede, fun cambiando a disposición do interior


  • puxen un cordón para suxeitar as tesoiras, un botón para ter man do cordel no que se poñen os fíos

  • fíxenlle un bolsiño para gardar os ganchos ( o croché é o que máis me gusta do mundo mundial das labores) pechado cun corchete automático. 

  • un día de insomnio, bordeille a punto de cadeneta, alla prima, a frase O costureiro (por se alguén non sabe o que é) e a data (para lembrar o afanada que andiven dúas semanas facendoo). Vai algo torto pero non quixen desfacelo...
  • paseille unhas puntadiñas con fío vermello arredor de cada bolsiño e no borde
  • comprei cola de ratón verde para poñer os fíos porque me gustaba máis que o vermello do kit
  • e, para pechalo, no canto de poñerlle cintas como no modelo, puxen un botón xigante.

Estou SUPERCONTENTA co meu costureiriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario