Xa sei que xa imos máis ben para o bó tempo pero, como atopei estes modelos, penso que me vou animar. E que estou a piques de rematar a miña colcha de ondas e pompóms e tiña que buscar algún proxecto interesante...
As instruccións (picando na foto) están en ruso, con ese alfabeto cirílico que non se entende nadiña pero, coas fotos e ao mellor coa axuda dunha amiga ucraniana que fala ruso, malo será que non dea feito a chaquetiña... Xa vos contarei cómo queda! (Aquí enlazo a tradución que me fixo)
Tamén me gustou estoutra. Ímos cambiar un pouco as cores e poñernos con ela. Picando na foto veredes as explicacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario