Veño de recibir as fotos das obras de arte das amigas de Rianxo coas que pasei unha estupenda tarde de labores e charla. Eu levei algunhas alfombras, un cestiño e un froiteiro que fixera nas semanas anteriores e, case todas se decantaron polos cestiños.
Este foi o que fixo María, a máis experta, que o rematou aquela mesma fin de semana:
Pola súa banda, Joy realizou este tan xeitoso:
Congratulations, Joy! Good job!
E, Tere, fixo un salvamanteis nunha cor a tono co seu comedor:
Agora fáltame o cestiño rechamante de Montse ( dígovos que é moi rechamante pero seguro que ben lucido), que parece que anda algo "atascada" co remate.
É ben bonito ver como cadaquén lle da o seu toque persoal a unha mesma idea inicial.
Nestoutra entrada está o enlace onde se explicaba o xeito de elaborar os cestiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario