A miña prima Mónica vai ser mamá e quixen facerlle un saquiño para cando naza o neno. A idea saqueina
deste enlace
Atopei unha lá moi parecida á do modelo, quizais un pouco máis brillante.
A foto está algo saturada de azul e non se aprecian os trazos amarelos e verdes que ten o saco.(Cando teña unha foto mellor sustituireina).
A ver estoutra:
Fíxeno en punto baixo, con 6 puntos iniciais nun círculo máxico, na primeira volta incrementei 2 en cada punto (12), logo incrementei cada dous puntos (18), despois os incrementos eran cada 3, 4, 5, .... ata que cheguei a ter un ancho de 20 cm. A partires dese momento fun facendo todas as voltas sen incrementar e ata chegar a 52 cm.
O gorro máis ou menos igual. Como me parecía algo puntiagudo ateille a punta para que semelle un ponpón.
Veremos como lle queda ao rapaciño.
Máis fotos se picades no enlace.
Este é un novelo de lá:
No hay comentarios:
Publicar un comentario