Blogging tips

miércoles, 19 de febrero de 2014

ALFOMBRAS DE TRAPILLO PARA O CUARTO DE BAÑO


Esta alfombra cadrada fíxena moi rapidiño co esquema do típico cadro granny. Como o fío cor fucsia era máis delgadiño fixen tres varetas en cada oco e, cando pasei ao azul ceo, puxen só dúas varetas para que gardaran a mesma proporción. Rematei todo o arredor co punto de cangrexo.


Estoutra redondiña xa é algo vella. Pasou pola lavadora polo menos catro ou cinco veces e xa se ve algo avellentada. Para o borde fíxenlle unhas ondiñas.




domingo, 9 de febrero de 2014

O SAN VALENTÍN

Neste post vou coleccionar algunhas cousiñas que podemos facer para celebrar o DÍA DOS NAMORADOS poñendo algúns adornos na nosa casa.

 Por exemplo este corazón con feltro no que nos explican o xeito de facer as rosas que o compoñen






ou unha guirnalda que atopei en The Crafted Sparrow:


Tamén nese mesmo sitio explicannos a feitura doutro colgante de feltro


E qué tal facer un sinxelo coxín e adornalo con trapillo ou cunha cinta cosida en forma de corazón?. Unha mostra de como podería quedar é esta: