Estas son as fotos da miña bolsa para gardar os fulares. Empreguei
varios restos que tiña para facerlle unhas listas de cores e por
primeira vez fixen ese punto no que vas picar na volta de abaixo para
que quede un pico cara baixo (en azul mariño). Estou pensando en
cambiarlle un pouco a asa, que eu fixen diferente ao modelo que me serviu de inspiración e parece máis fráxil,
ou en facer outro cestiño distinto...
Atopeina aquí e neste sitio en inglés:
miércoles, 30 de abril de 2014
sábado, 26 de abril de 2014
BALEIRAPETOS
En dúas horas fixen un círculo de crochet, dun palmo de diámetro e, logo fixen dúas voltas a punto baixo sen aumentar puntos co que quedou un remate doblado cara adentro. Rematei cunha lazada e dous adornos metálicos. Estas fotos non son moi boas porque o meu móbil non ten unha cámara moi boa...
lunes, 14 de abril de 2014
SEGUNDO BOLSO DE BOQUILLA
Aquí teño os materiais:
- unha boquilla metálica
- unha tela para o forro interior de bufos de cores
- guata grosa
- un pedazo de tela duns vaqueiros vellos
- cinta zigzag branca
- cola branca para tela
Coa axuda desta entrada fíxenlle unhas pinzas ao meu bolso
Nestoutra investiguei o xeito de coser a boquilla
Tamén podo intentar facer o monedeiro, ou o portacascos, ou este set de bolso
Estas son algunhas fotos da realización do superbolso de vaqueiros vellos con forro interior de mouchos: